A AA.VV. de Mor organiza unha excursión pola provincia Lugo

por Redacción Lugo

O domingo 28 de abril a Asociación de Veciños e Veciñas de San Pedro de Mor de Alfoz organiza unha excursión que está aberta a todo o mundo

Sairase dende Alfoz en autobús, facendo a primeira parada na popular feira de Meira. A continuación visitarase o Museo e Castro de Viladonga en Castro de Rei, catalogado como Ben de Interese Cultural. A comida será no Restaurante Río Lea en Castro Ribeiras de Lea. Xa pola tarde, haberá unha visita guiada á Fortaleza de San Paio de Narla en Friol. 

Dende a asociación animan a anotarse para gozar dunha agradable xornada visitando algún dos lugares máis salientables da nosa provincia. 

O prezo da excursión é 25€ para os socios, 35€ para os non socios e 15€ para os nen@s ata os 12 anos. Inclúe a viaxe en autobús, a comida e todas as visitas. 

As prazas son limitadas con data límite para anotarse o luns 23 de abril. 

Poden poñerse en contacto no teléfono 657 10 95 92 (María José). 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario