Ana Pontón: «O discurso de investidura de Alfonso Rueda é o do día da marmota; é o mesmo de hai 4 ou 8 anos». (Vídeo)

por Redacción Galicia

Resume como o “día da marmota” o discurso de investidura do candidato á Presidencia, Alfonso Rueda e acusa ao PP de levar 15 anos sendo un “límite” para Galiza

“Onde están os grandes proxectos estratéxicos que necesita Galiza, as grandes apostas de País?”, cuestionou para criticar a “sucesión de propostas, moitas delas repetidas” enumeradas polo candidato do PP que evidencian a “falta de impulso e ambición de País”. “Repetir as mesmas receitas fracasadas de sempre”, advertiu, só leva a que Galiza “siga tendo máis problemas” e non se mellore a vida das persoas.

Fronte a un discurso “desconectado da maioría social”, a líder nacionalista afeou a Rueda que confunda a realidade “coa visión idílica que constrúe a TVG para maior gloria do propio PP”. “Na Galiza do señor Rueda non hai listas de espera en Atención Primaria, nin nenos e nenas sen pediatra, nin miles de persoas que están reclamando poder seguir vivindo do seu traballo ou agardando por unha praza nunha residencia pública, nin tampouco hai miles de mozos e mozas que teñen que coller as maletas ante a falta de oportunidades”, exemplificou.

Diante esta realidade, o PP vén dicir que “todo se soluciona cunha ventanilla única ou facendo en catro anos o que non foron capaces de construír en quince”, criticou Pontón, quen só dixo coincidir co candidato Rueda en que “cando confiamos en nós mesmos e non nos poñemos límites, os galegos e as galegas somos imparables”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario