Elena Espinosa acusa á Xunta de levar o Sergas ao colapso coas listas de espera «indecentes»

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Elena Espinosa, alertou hoxe de que a «desastrosa xestión» da Xunta está a provocar unha «bola de neve» con listas de espera «indecentes e que non paran de medrar» na sanidade pública galega.

Tras coñecer os datos oficiais das listas de espera en atención hospitalaria referentes a xuño, Espinosa anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias para esixir un Plan de choque urxente que free a ameaza de colapso sanitario.

A deputada socialista subliñou que as listas de espera en intervención cirúrxica, probas diagnósticas e consulta especializada «van de mal en peor». Como exemplo, sinalou que os datos de espera en cirurxía «acumulan máis días de espera que a finais do ano pasado e máis xente agardando para ser operada», o que evidencia que a xestión da Xunta «vai no sentido contrario» das necesidades do sistema.

«Estamos fartos da autocompracencia de Rueda e do autobombo do conselleiro de Sanidade», sentenciou Espinosa, que reclamou «respostas urxentes» para blindar o sistema sanitario.

O Grupo Socialista esixe o reforzo urxente na atención hospitalaria —ademais da Primaria— e a aplicación de condicións laborais dignas. Isto é necesario para poder atraer máis persoal, reforzar os cadros e así garantir unha atención sanitaria en condicións que poida dar saída ás esperas interminables que ameazan con afundir o sistem

Comparte éste artículo
No hay comentarios