Os deputados populares mantiveron unha xuntanza con representantes de Altri para poder coñecer de primeira man que o proxecto segue intacto e «é o mesmo que se presentou anos atrás e apoiaron todas as formacións políticas»
· Dende o Grupo Provincial Popular trasladaron á empresa que «apoiamos, como fixemos sempre, todas aquelas iniciativas que optan por Lugo para asentarse, sempre e cando cumpran con toda a lexislación vixente, respecten o medio ambiente, xeren emprego e riqueza e axuden a fixar poboación no rural»
· Os deputados populares recordan que hai dous anos presentáronse, tanto no Parlamento de Galicia como na Deputación de Lugo, sendas iniciativas para defender a chegada de Altri con este proxecto á provincia de Lugo e que contou co apoio de todos os partidos políticos «por tratarse dunha gran aposta económica, laboral e estratéxica
· Os populares sinalan que tanto PSOE como BNG terán que explicar por que en dous anos pasaron de apoiar a implantación de Altri no Parlamento de Galicia e na Deputación de Lugo a, unha vez pasaron as eleccións autonómicas, tentar boicotear a súa implantación