O Teatro Colón acolle este venres a Gala dos Premios do Deporte da Deputación da Coruña 

por Redacción Deportes

Os galardóns contan con 15 categorías diferentes e o xurado pode outorgar ata catro mencións para aquelas persoas ou entidades que desenvolven unha actuación destacada a nivel provincial

O Teatro Colón de A Coruña acolle este venres, 12 de abril, a II edición dos Premios do Deporte Deputación da Coruña, que serven como homenaxe e recoñecemento ao talento e ao esforzo dos mellores deportistas coruñeses.

A gala, que estará conducida polo periodista Terio Carrera e amenizada por actuacións musicais e de humor, é de entrada libre e de balde ata completar aforo.

Nesta edición, o xurado está presidido polo deputado de Deportes, Antonio Leira, e integrado por profesionais de referencia no campo da información deportiva como Paulo Alonso, responsable de Deportes de La Voz de Galicia; María Varela, periodista de Deportes de La Opinión de A Coruña; Fran Hermida, responsable de Deportes de Radio Coruña-SER; Leticia Chas, periodista de Cope Galicia e Patricia Rodríguez Juste, da TVG.

Serán recoñecidas un total de 15 categorías e, ademais, o xurado resérvase o dereito de realizar ata catro mencións para aquelas persoas ou entidades que desenvolvan unha actuación no ámbito do deporte digna de destacar a nivel provincial.

As diferentes categorías son as de mellor deportista masculino, mellor deportista feminina, mellor deportista veterano masculino, mellor deportista veterana feminina, mellor deportista promesa masculino, mellor deportista profesa feminina, mellor adestrador/a, mellor árbitro ou xuíz/a, mellor entidade colaboradora, mellor evento deportivo, mellor entidade na promoción do deporte da base, mellor entidade na promoción do deporte inclusivo e premio a toda unha vida dedicada ao deporte.

Todas as persoas gañadoras recibirán un galardón conmemorativo e un diploma acreditativo.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario