A Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño en Dodro convoca unha mesa redonda sobre a instalación dunha macrocelulosa na comarca da Ulloa.

por 21 Noticias

Ante a pretensión da empresa ALTRI de instalar dunha industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas, onde resultarán gravemente afectados o patrimonio cultural e natural da comarca da Ulloa e a totalidade do curso do río Ulla que afectará á planta de tratamento de auga potable situada a pé de dito ríoen Carcacía, no municipio de Padrón, que á súa vez abastece a Dodro e aos concellos da contorna, a Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño convoca unha “Mesa Redonda” para informar dos efectos de dita fábrica e onde estarán:  Joám Evans Pin da Fundación Montescola que falará sobre as iniciativas de deseucaliptización e experiencias de xestión alternativa desde a lóxica da conservación comunitaria, Xoán Castro Insua enxeñeiro agrónomo, investigador do Centro de Investigación Gandeira de Mabegondo e asesor da plataforma ULLOA VIVA que falará sobre os efectos directos da fábrica sobre o medio ambiente e os cultivos da zona,  Pablo Gómez Sande biólogoespecializado en auga doce  presidente da Plataforma para a Recuperación do Río Sar. A mesa estará coordinada por Xoán Xosé Vicente Franco membro da directiva da Asociación de Veciños e concelleiro no Concello de Dodro.

Esta Mesa Redonda está aberta a todos os veciños de Dodro, a colectivos sociais, partidos políticos e a todos os concellos das Terras de Iria e do Baixo Ulla e será no local social do Montiño en Imo o próximo sábado día 13 ás 11:30h.

Haberá alegacións en contra da instalación da fábrica de ALTRI  a disposición dos asistentes e facilitarase información para a súa tramitación.

Ao rematar haberá uns petiscos na cantina para todos os asistentes.                

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario