O PP de Ames vota en conciencia “para que as escolas infantís municipais sigan a ser gratuitas”

por Redacción A Coruña

Unha única ordenanza abrangue o prezo dos servicios educativos e das merendas e tiña que aprobarse a súa modificación para que a Xunta manteña a gratuidade

O último pleno municipal do Concello de Ames tiña como punto principal a modificación da ordenanza reguladora do prezo público das escolas infantís. Hai dous anos a Xunta de Galicia estendeu a todos os alumnos a gratuidade nas escolas de 0 a 3 anos que ata ese momento só tiña en conta ó segundo fillo. Pero para poder acollerse a eses beneficios que chegan a unha boa parte dos veciños de Ames hai que cumplir uns requisitos. O PP, asumindo a súa responsabilidade, actuou en consecuencia para que ninguén perda esos importantes beneficios.

Por un lado aprobouse o regulamento interno das escolas infantís do Concello. Esta aprobación debeuse a que estabana sen visar todavía, a pesar de que os dous centros educativos levan varios anos en funcionamento. É obrigatorio telos visados para poder seguir gozando da gratuidade nas escolas infantis, entre outros motivos.

Tamén houbo que actualizar os prezos tanto dos servizos educativos como das merendas para cumplir cos requisitos que establecía a Xunta de Galicia. No caso dos prezos polo servizos educativos, como é sabido por todos, ningún usuario os paga pero iso non quere decir que non teña un custe xa que é a Xunta quen sufraga todo a través dunha compensación no Consorcio Galego de Benestar.

En canto ás merendas, no pleno actualizouse o seu prezo pasando de un euro a 2,20 por día e por merenda pero apenas ten incidencia na realidade porque a maioría dos usuarios xa a teñen bonificada.

O PP votou en conciencia. O certo é que o requerimento que enviou a Xunta dí expresamenrte que para que o Concello de Ames poida seguir gozando da gratuidade nas escolas infantís de 0 a 3 anos ten que ter a ordenanza reguladora do prezo público actualizada. É unha única ordenanza que regula o que é o prezo dos servizos educativos e tamén o prezo das merendas. Pero é unha única ordenanza. Non hai unha para os servizos educativos e outra para as merendas, e o que esixe a Xunta é ter esa ordenanza actualizada, afectando tanto ó custe das merendas como ó dos servizos educativos.

O BNG pediu que quedase ese punto enrriba da mesa alegando que no próximo pleno se votase por separado, por un lado o prezo dos servizos educativos e por outro o das merendas. No mesmo pleno preguntóuselle ás técnicas municipais, tanto á secretaria como á interventora, se o mes que ven se podería votar por separado e dixeron que non. Cousa distinta é que foran dúas ordenanzas. E para que sexa válida a ollos da Xunta ten que estar actualizado tanto o prezo das merendas como dos servizos educativos, que foi o que se fixo.

Pero a maiores non debemos perder a perspectva da incidencia que ten no Concello. De dez a once familias son as que se verán afectadas pola actualizacion do prezo das merendas. Os prezos dos servizos educativos non lle van perxudicar a ningún usuario porque están bonificados pola Xunta no cen por cen. E o das merendas é residual. É o que din os informes técnicos, que son os que teñen constancia de qué usuarios, cantos e en que cuantía pagan as merendas.

Tamén houbo concelleiros que chegaron a cuestionar que o estudo de custes que fixeron os técnicos municipais non era o axeitado. Ese estudo non o fixo ningún político nin do goberno, nin da opoosición e nin sequera se acudiu a unha contratación dunha empresa externa. Desde o PP consideramos que o noso papel é facer unha valoración política dos asuntos que veñen a pleno, que para iso os veciños nos depositan a súa confianza cada catro anos. A nosa función non é facer un papel técnico de se o estudo de custes está mellor ou peor realizado, se é suficiente ou non. O estudo o fixo unha técnica da Administración xeral do Concello de Ames que para o Partido Popular, como non pode ser doutro xeito, ten o máximo respecto. Os técnicos municipais do Concello de Ames son profesionais competentes como así o teñen demostrado sempre. Cuestionar que o estudo non é o suficientemente claro ou elaborado é unha auténtica falta de respecto a unha traballadora deste Concello e eso o PP en ningún momento o pode compartir.

Por outra banda, e no afán de atender sempre as demandas dos veciños e de estar atentos a todo o que sexa mellorable dentro do termo municipal de Ames, a portavoz do PP, Oliva Agra, diante do malestar expresado polas ANPAS, solicitou a convocatoria dun pleno extraordinario do Consello Escolar Municipal no que figure como orde do día a Información sobre os criterios de asignación das prazas ofertadas nos servizos complementarios de educación para o curso 2024-25.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario