A poeta palestina Rafeef Ziadah ofrecerá un recital no Paraninfo da UDC

por Redacción A Coruña

O paraninfo da Reitoría acollerá o vindeiro luns, 15 de abril, ás 20:00 horas, o primeiro recital na Coruña da poeta palestina Rafeef Ziadah. A súa poesía, dedicada á guerra en Palestina, estará acompañada da música en directo de Phil Monsour.

O evento será de carácter gratuíto e está organizado pola asociación Pallasos en rebeldía e o Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. 

Conta co patrocinio da Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade da UDC e a Deputación da Coruña, e a colaboración do colectivo Galiza por Palestina, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, o movemento BDS Galiza e o colectivo Sugxpal.

Rafeef Ziadah

Rafeef Ziadah é a poeta palestina máis coñecida a nivel internacional. Autodefínese como «filla da ocupación» e ten un estilo propio, cunha forte mensaxe política. Coa súa «performance» convida ao público a reflexionar arredor de temas como a guerra, o racismo ou o xénero.

Ziadah é recoñecida polas súas performances e a viralidade das súas propostas. No seu último álbum “Three Generation” invita a unha viaxe a través de Palestina e o Mar Mediterráneo, seguindo a estela do seu segundo traballo, onde a súa palabra únese á música, xerando así un maior impacto no público.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario