Agora todos a salvar o queda do legado de Man

por Óscar de Souto

Os medios de comunicación estamos para informar o lector, televidente ou escuchante, nesta ocasión é ao lector que, cansado de tanta guerra cainita entre partidos políticos, repetindo ata a saciedade os gladiadores de diñeiro público, na area dos medios de comunicación, Congreso, Senado chamarse de todo menos decentes, aplicando a manida frase: «E ti máis».

Ao lector gústanlle as reportaxes das historias da nosa Terra, como a do «Alemán de Camelle» escrita por min en 21noticias, onde facía unha chamada a quen correspondese, para que a obra de Man non queda no esquecemento. Demasiado efémera a obra do escultor da Costa da Morte, entre o Océano e o esquecemento dos políticos, agora algún/a quere subirse ao carro da salvación (tarde piache) do que queda do seu legado.

Éncheme de orgullo ser o que inicio a serie de reportaxes sobra a obra escultórica de Man e lembrar a data do seu nacemento, desde a súa publicación foi aparecendo en diversos medios de comunicación reportaxes sobre obra e vida de Man. Polo menos serviu a miña publicación para que se volvese a lembrar ao «Alemán de Camelle» e á súa obra.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario