O PP reclama ao goberno local maior preocupación pola Fraga de Santo Estevo, un dos reclamos turísticos de Barreiros

por Redacción Lugo

Dende o PP de Barreiros critican que non se realizase o mantemento desta zona verde sempre acolle a moitos turistas e que o luns de Pascua acolle a romaría pero que segue acollendo nesta data a decenas de veciños que se achegan á zona para manter viva a celebración.

José Manuel Gómez Puente explica que non se rozou a maleza, nin se arranxou o acceso á fervenza, danado hai unhas semanas pola caída dunha árbore sobre o mesmo e que danou varios peldaños

·          O popular tamén pide unha campaña de concienciación dende o propio Concello para evitar danos no medio natural xa que se realizaron varias pintadas en rochas do entorno da capela: «seguramente fixéronse sen maldade e para algún tipo de celebración, pero houbera sido mellor colocar sinalización provisional en lugar de pintar sobre as rochas»

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario