Antas de Ulla presentou alegacións ante á Consellería de Economía e Industria da Xunta polo proxecto de Altri

por Redacción Lugo

O Concello de Antas de Ulla amosa a súa “preocupación polos potenciais impactos no municipio das posibles emisións de gases e partículas a atmósfera”.

A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, explicou que “as alegacións baséanse nos potenciais efectos de inmisións na contorna e os seus efectos sobre a saúde humana, os ecosistemas e as producións agrícolas e gandeiras”

Engadindo «O Concello expresa a súa preocupación polos potenciais impactos das posibles emisións de gases e partículas a atmosfera, e das potenciais inmisións asociadas, proveñentes da actividade produtiva da prevista factoría de Greenfiber sobre os terreos e augas de Antas de Ulla, “que poidan ter incidencia directa ou indirecta sobre a saúde humana, ecosistemas e masas forestais, así como as producións agrícolas e gandeiras, tanto en réxime convencional como ecolóxico”.

A composición de gases potencialmente contaminantes e daniños e a existencia de partículas e aerosois, “vai depender dos axentes químicos que se utilicen no proceso produtivo, das condicións de operación dos distintos procesos (presión, temperatura, pH, catalizadores, procesos químicos, bioquímicos ou biolóxicos) así como das medidas correctoras, e das condicions de evacuación dos gases a atmosfera”.

Por todo isto, o Concello de Antas de Ulla solicita da Autoridade Ambiental competente que ditamine con precisión “se o proceso de fabricación presentado polo promotor, en todas as súas fases e etapas, está conforme coas disposicións da UE sobre o obrigado uso das Mellores Técnicas Dispoñibles (MTD)”.

En concreto se a implementación no proxecto das MTD cubre o deseño e planificación ambiental; tecnoloxías de control de emisións; xestión eficiente de recursos, e boas prácticas de operación e mantemento.

Ademais, o Concello de Antas de Ulla demanda se “á vista do proxecto presentado e da análise exhaustiva do proceso produtivo, e das medidas correctoras presentes no proxecto, se pode garantir que as emisións de compostos a atmósfera previstas en proxecto, non superan o máximo esixido pola normativa ambiental sectorial e xeral”.

O concello fai referencia tamén “a se a autoridade ambiental garante que o deseño da chimena propostos pola empresa cumpre coa normativa á hora de garantir unha axeitada evacuación das mases de gases e partículas que saen a atmósfera”.

Por ultimo, o concello pregunta “se está previsto en proxecto un sistema de seguimento ambiental, suficientemente fiable, robusto, e baixo acceso e control de organismos independentes ou entidades de certificación, que permita rexistrar e almacenar os datos de emisións de compostos en tempo real”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario