A Plataforma Lugo por Palestina, convocou en Lugo, outra gran movilización

por Redacción Lugo

Apoiando a 4ª movilización estatal convocada por RESCOP (Rede Solidaria contra a Ocupación Palestina), formando parte dunha movilización masiva convocada este fin de semana en máis de 100 cidades do estado. 

Esta convocatoria é tamén unha resposta colectiva fronte a crecente represión contra os movementos de solidariedade con Palestina. 

Saímos novamente ás rúas, para solidarizarnos co pobo Palestino e seguir esixindo ao goberno do Estado español, medidas concretas, inmediatas e eficaces contra o xenocidio na Franxa de Gaza e a ocupación, o apartheid, a limpeza étnica e o colonialismo de asentamento en Palestina. 

Dende a RESCOP e dende Lugo por Palestina esiximos ao goberno do Estado español que: 

– Lidere una lto o fogo inmediato e permanente, acabando co xenocidio e a  ocupación israelí na Franxa de Gaza. 

– Poña fin á compravenda de armas e de tecnoloxía militar e de seguridade con Israel.

– Apoie a demanda presentada por Sudáfrica no Tribunal Internacional de Xustiza contra Israel por xenocidio.

– Recupere a xurisdición universal: Rompa relacións diplomáticas, institucionáis, económicas, deportivas e culturáis con Israel e sancións ás empresas cómplices coa colonización de Palestina.

– Poña fin á persecución e criminalización da solidariedade con Palestina e derogue a Lei mordaza e a Lei de Estranxeiría. 

Queremos recoñecer e apoiar a resistencia do pobo Palestino. 

LUGO POR PALESTINA

LUGO CON PALESTINA

DENDE O RÍO ATÉ O MAR …

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario