Unha loba e un podenco protagonizan unha historia de supervivencia nun monte arrasado polo ser humano

por Redacción Galicia

O CEIDA presenta o último libro de Concha López Llamas na súa biblioteca e centro de documentación ambiental

Este xoves, 18 de abril, a escritora e catedrática de Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria, amplamente recoñecida e premiada pola súa labor de investigación, Concha López Llamas, presenta o seu último libro ‘La loba y el podenco: cuando el monte huele a pólvora’, na biblioteca ambiental do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), ubicado nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros). O acto terá lugar ás 19 h.

Neste relato curto, López Llamas retorna á súa Carballeda zamorana para presentar a Anuk, unha loba solitaria víctima da destrución do monte, e a Podenco, un can abandonado e empregado como ferramenta de caza. Ambos atoparán a súa maneira de coexistir e de coordinarse para facer máis fácil e agradable a súa existencia, profundizando no comportamento das dúas especies de cánidos dende a etoloxía.

‘La loba y el podenco’ pretende aproximarnos a problemáticas que afectan aos nosos montes como son os incendios forestais ou a caza indiscriminada, e tamén ao pensamento ecofeminista en contraposición ao patriarcado, tocando outros temas como o abandono de animais domésticos e a adopción.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario