O voceiro popular explica que cando se mercou o edificio, no ano 2005, cun goberno do PP á fronte da Deputación xa se tiña como obxectivo garantir a seguridade e ampliar a praza na que se atopa, pero os diferentes gobernos de coalición de PSOE e BNG deixaron este edificio no olvido
A Deputación de Lugo ten un edificio na Praza de España de Navia de Suarna un edifio en mal estado de conservación ao que os diferentes goberno socialistas, en coalición co BNG, foron capaces de dar unha solución nestes case 20 anos.
Os deputados populares, Antonio Ameijide e Jesús Núñez, comprobaron o estado exterior desta infraestrutura xunto ao voceiro do PP en Navia de Suarna, Raúl Pérez, e puido ver como “é moi preocupante a imaxe deste edificio, moi danado na súa fachada exterior e xerando unha imaxe moi negativa no casco histórico da vila”.
A realidade é que a aparencia deste edificio amosa que “en calquera momento” se pode producir un desprendemento que provoque un accidente grave xa que se atopa na Praza de España de Navia de Suarna, un dos puntos máis concorridos do municipio.
Ameijide pon de manifesto “a nula preocupación de José Tomé e dos seus socios do BNG pola seguridade” neste municipio xa que o estado deste edificio empeorou co paso dos anos sen que fixesen nada por remedialo. “A realidade é que cando se comprou este edificio, cun goberno do PP á fronte, mercouse para garantir a seguridade e así ampliar a praza”, sinalou, “mentres os gobernos de coalición de PSOE e BNG nada fixeron por acadar este fin poñendo en risco a seguridade de todos os veciños de Navia”.
Neste senso, Ameijide pon como contrapunto o Castelo de Doiras que a Deputación vén de adquirir por case 1M€ “mentres este edificio está caendo e xa vimos outros exemplos de edificios que abandonaron na provincia, como a Casa da Botica de Guitiriz”, un edificio que finalmente houbo que derrubar por seguridade despois de que se viñese abaixo un dos seus muros.