O responsabel local, Emilio López , sinalou «presentaremos enmendas aos orzamentos para que Samos sexa tida en conta pola Xunta»
«Os orzamentos da Xunta de 2024 confirman o abandono do goberno do PP a Samos «asegura Emilio López.
Para a fronte nacionalista estes orzamentos son unha «bomba de fume» electoral e continuista do abandono hacia Samos.
Revisada a proposta de orzamentos que a Xunta de Galiza presentou podemos dicir que «esta proposta de orzamentos da Xunta do 2024 non aporta nada ao noso concello e isto é unha mala nova para Samos» declara o responsabel local.
Un concello rural como Samos precisa ter uns orzamentos que nos permitan ter un desenvolvemento económico para que o concello medre e sexa referente na comarca..
Emilio López cualifica como «indignantes» estes orzamentos autonómicos e por iso se van presentar diferentes enmedas solicitando os investimentos que reclama a veciñanza. A Xunta de Galiza ten que dotar ao concello de Samos dos servizos públicos básicos na zona rural.
Un deses servizos básicos son as vivendas comunitarias que supón un gasto moi elevado para o concello e do que a Xunta se debería facer cargo, non derivando competencias aos concellos.
«O noso concello esta a facerse cargo dunha boa parte do gasto que supón a atención aos nosos maiores e este investimento debería estar máis reforzado pola Xunta de Galicia, e eso será o que esixiremos coas enmendas aos orzamentos da Xunta» concluíu Emilio López.