O PP defenderá no pleno que o goberno local dote dos servizos básicos á parroquia monfortina de Chao do Fabeiro

por Redacción Lugo

Jose Luis Rodríguez explica que nesta parroquia os veciños teñen eivas tan importantes como problemas co abastecemento e saneamento ou co mal estado as estradas que comunican esta zona

“Non queremos monfortinos de primeira e de segunda, queremos que todos teñan as mesmas oportunidades”. Estas son as primeiras conclusións que sacan os concelleiros do PP de Monforte tralas primeiras xuntanzas realizadas en barrios e parroquias.

A concelleiro popular, Jose Luis Rodríguez, explica que “vemos como os veciños das parroquias do rural pagan os mesmos impostos e teñen moitos menos servizos e oportunidades” polo que “defenderemos a mellora e a dotación de servizos básicos” á parroquia de Chao de Fabeiro.

Deste xeito, os populares defenderán que nesta parroquia o Concello de Monforte realice o arranxo de todos os problemas de asfaltado das vías e o desbroce dos camiños.

Tamén é fundamental dar unha solución aos problemas de abastecemento de auga e saneamento, mellorar a sinalización da parroquia (especialmente a que hai dende o desvío da estrada provincial LU-P-30202) e que se dote de fibra óptica a esta zona.

Para os concelleiros populares “é fundamental coidar aos veciños das parroquias do rural, algo que non se está a facer dende este goberno local, que no se preocupa por realizar un mantemento e tarefas de conservación axeitadas”.

Jose Luis Rodríguez ve “un enorme abandono” da zona rural polo equipo de goberno de José Tomé, “tal e como poñen de manifesto constantemente os veciños de todas as parroquias”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario