– Socialistas e nacionalistas presentaron, por vía de urxencia á comisión de contas que se celebrou esta mañá, a factura con reparo de legalidade que se aboará á anterior empresa concesionaria da limpeza
– Os populares fixeron estas declaracións logo de coñecer esta nova e avanzaron que analizarán toda a documentación deste expediente
– Para os populares «é incrible que se plantexe esta circunstancia cando todos lembramos como era a prestación deste servizo e os problemas de limpeza que tiñamos en Lugo nos anos 2021 e 2022»
– O goberno local xustificou este recoñecemento extraxudicial de crédito indicando que é para pagar horas extra e vacacións do persoal de Urbaser e explica que negociou coa empresa pagar o 59% para non afectar ao funcionamento do concello.
– Dende o PP manifestan que estamos falando dunha cantidade moi significativa que afectará á maltrecha situación económica do concello ao ter que pagar 1.5M€ dunha factura do ano 2022
– Os populares tamén son moi críticos coas formas coas que PSOE e BNG abordan asuntos deste calado «incorporándoos á documentación das comisións con nocturnidade e alevosía» e así llo trasladaron ao equipo de goberno.
– Comprometéronse a que non volvería a ocurrir baixo a advertencia do PP de que era a segunda vez que acontencía esta falta de respecto e que se se volvían a repetir os feitos acudirían a outras instancias.
–
ALVARELLOS BATE RECORDS PAGOS CON REPAROS
– Case o 70% das facturas que a nova alcaldes elevou a pleno non se axustan aos trámites legais. En 4 MESES presentou pagos a empresas e autónomos por un importe de 3M€ con recoñecementos extraxudiciais, dos cales 2M€ pagárose con reparos.
– Os populares lamentan que un dos logros da nova alcaldesa Paula Alvarellos e no que «bate records» son nos pagos con reparos de legalidade. Dende o un de Xaneiro e ata a data do pleno do vindeiro 25 de abril os recoñecementos de crédito suman 2.753.642,94 e deles están REPARADOS: 1.998.868,04€
MÁIS INCERTIDUMES COAS TERRAZAS
– Con respecto á situación das terrazas recoñeceron que van tarde coa elaboración da ordenanza prometida dende 2021; tamén recoñeceron que a volta á normalidade trala pandemia das terrazas se retrasa e por último a afirmación de que o bando e a ordenanza non teñen nada que ver o único que provoca á veciñanza son incertezas.
– As respostas que nos brindan nas comisións confirman que o goberno local de Lugo traballa sen planificar e que non ten sensibilidade con problemáticas do día a día da veciñanza e empresarios». «Esto non é a forma de traballar, se xa van tarde como mínimo deberían facer as cousas ben «.