O portavoz provincial do PP, logo de percorrer esta ruta, urxe ao goberno de Tomé a «acondicionar este sendeiro ante o seu total abandono: a maleza invade o sendeiro que antes tiña máis de 2 metros de ancho e varias árbores cortan totalmente o paso, polo menos, en catro puntos»![]()
· Ameijide advirte do «estado de deterioro que presenta un sendeiro que percorre máis de 20 km a carón dos ríos Miño, cruzando o río Chamoso e o Rato e comunicando muíños, illas e núcleos de poboación: está comido pola maleza e en moitos puntos directamente bloqueado por árbores ou pechado polas silvas»
· O deputado popular explica que «este é outro exemplo máis de que o goberno provincial de PSOE e BNG non só non é capaz de continuar poñendo en valor os espazos naturais da provincia, senón que nin sequera mantén minimamente os espazos herdados que temos e que son competencia da Deputación de Lugo»![]()
· Ameijide condena «a nefasta política turística do goberno de Tomé» que «nin está a facer unha axeitada difusión e promoción turística da provincia nin mantén a rede viaria provincial en boas condicións para favorecer os desprazamentos seguros de veciños e visitantes»