Lugo por Palestina, súmase á 4ª convocatoria de mobilización estatal promovida pola Rede Solidaria contra a Ocupación de Palestina

por Redacción Lugo

Xa somos máis de 96 localidades do estado as que esta fin de semana, saímos de novo ás rúas.

Boicote, Desinvestimento, Sancións (BDS) é un movemento internacional pola liberdade, a xustiza e a igualdade, liderado pola maior coalición da sociedade civil palestina. BDS busca acabar co xenocidio, a ocupación e o apartheid das palestinas, por métodos non violentos. BDS defende o simple principio de que as palestinas teñen os mesmos dereitos que o resto da humanidade.

Despois de 6 meses de masacre diaria reproducida nas redes sociais a sociedade civil segue sen ficar calada. Chamamos á cidadanía de Lugo  e Galiza a sair á rúa e berrar contra tanta barbarie por parte de Israel, perante o silencio cómplice do goberno da Xunta do PP e a reacción morna e políticamente calculada do goberno do PSOE e SUMAR.

Non podemos permitir que sigan bombardendo e asasinando diariamente o pobo palestino. Non podemos seguir escoitando falar ao goberno español do recoñecemento dun Estado Palestino mentres continua co negocio de armas, e ca relación política e comercial con Israel.

Sufrimos co pobo palestino, e amosamos toda a nosa solidariedade coa poboación de Gaza e Cisxordania.

Dende o río ata o mar, Palestina vencerá!!!

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario