Incendio no concello coruñés de Rois, preto de Padrón (Vídeo)

por Óscar de Souto

A Consellería do Medio Rural, confirma que o primeiro foco deste incendio iniciase sobre as 18 horas na parroquia de Herbogo, unha das doce parroquias do Concello coruñés de Rois, que limita con Padrón.

Nun primeiro traballo de control deste lume contan con tres técnicos, ocho axentes forestais, seis brigadas, catro motobombas, duas palas e medios aéreos.
Testemuñas presenciais deste incendio están preocupados polo avance do lume e pola aparición de focos secundarios lonxe do incendio principal que, debido o vento e a altitude da zona, puntos deste Municipio acadan os 600 metros de altitude, motivo polo que parece ir gañando intensidade e terreo o fogo.

Os helicópteros están collendo auga nos ríos Sar e Ulla. Na AC-301 tamén se atopan axentes da Garda Civil de Tráfico para vixiar que as chamas non avancen máis ata o punto de ter que cortar a estrada ao tráfico rodado. O fume xa se pode ollar os Concellos colindantes.
Ramón Tojo, Alcalde de Rois, non ten ningunha dúbida e afirma que se trata dun lume intencionado.

Fotos y Vídeo: Vane Dominguez ( desde su casa)

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario