O PP propón crear unha rede de aparcadoiros en altura en distintos puntos da cidade para solucionar os problemas de aparcamento de Lugo

por Redacción Lugo

O concelleiro popular Ramón Cabarcos fixo un estudo en localizacións como a Milagrosa e en Avenida de Fontiñas e, para dar servizo á zona centro, analizou parcelas situadas na contorna da rúa Santiago, da rúa Paxariños e rúa Castelao

O Grupo Municipal do PP presentou un estudo de alternativas para a creación de máis prazas de aparcamento “ben definitivas ou transitorias” que poderían habilitarse en infraestruturas en superficie, ou ben en altura”.

O concelleiro popular Ramón Cabarcos lembrou que “o PP leva anos insistindo na necesidade de habilitar zonas para aparcar na contorna do casco histórico e tamén en barrios densificados coma San Antonio, Milagrosa, Feijoo, Ronda das Fontiñas” lamentando que “tanto PSOE coma BNG tumbaron de forma sistemática todas estas propostas (1).

O edil popular afirma que “antes de que empeore máis esta situación,  que  afecta non só á veciñanza senón tamén ao comercio local, urxe tomar medidas” en ese sentido advertía “da saturación dos parkings disuasorios que existen” que se viu agravada ultimamente polo “peche do aparcadoiro da zona da Estación de tren como consecuencia das obras da intermodal”.

Para os populares é prioritario actuar de forma inmediata xa que “cada vez é máis complicado estacionar en moitas zonas de Lugo froito dunhas obras mal planificadas e duns proxectos mal deseñados como o carril bici que ninguén usa pero que destruiu centos de prazas de aparcadoiro”.

Alternativas sobre a mesa

Dotar de aparcamentos en superficie en solares sin utilidade:  o PP leva anos solicitando que se habiliten parcelas para facer máis parkings disuasorios a través de diversas fórmulas: ou ben cesión de uso temporal a cambio dalgunha bonificación municipal como a exención do IBI, ou mediante aluguer, adquisición, permuta ou expropiación.

Ramón Cabarcos explicaba que esta fórmula non está a ter moito éxito en alusión a que  “veñen de confirmar que non habilitarán as 40 prazas do aparcadoiro prometido na parte traseira da igrexa do Carme; tampouco nada se sabe cando se vai abrir o aparcadoiro que hai en Santa María».

O concelleiro popular explicou outras propostas  menos custosas e máis doadas de executar que son a construción de aparcadoiros en altura. Neste momento xa hai dúas localizacións que levan anos sobre a mesa:   na rúa Castelao, detrás do edificio administrativo da Xunta, e en Fontiñas no talude do parque de Os Paxariños, en torno ao número 129, ou ben, na outra zona en desnivel situada á altura do número 99-105 da avenida.

Na rolda de prensa de hoxe os populares dan un paso máis e suxiren outras novas fórmulas e ubicacións para crear máis prazas de aparcamentos co sistema de construción en altura. A idea é que estas novas infraestruturas servan de nodos de aparcamento con fórmula de reserva previa e que ofertarían ademais outras prestacións aos usuarios como zonas de recarga para vehículos eléctricos (turismos, bicicletas, patíns …) , puntos de almacenamento de entrega e recollida de mercadorías ou espazos de xogo e lecer (planta cuberta).

Para esta última proposta Ramón Cabarcos presentaba varias ubicacións, sempre e cando se chegasen a acordos cos propietarios dos inmobles afectados. Nunha delas presentaban esta proposta.

Pleno

Os populares defenderán unha iniciativa con este contido no vindeiro pleno na que reclaman que “se faga un estudo de necesidades reais, presentes e futuras, da mobilidade rodada así como da parada e estacionamento de vehículos en zonas ou barrios densificados coma San Antonio, Milagrosa, Feijoo, Ronda das Fontiñas, etc así como no Recinto Intramurallas afectado gravemente polas obras de peonalización”.

(1) En 2021 pedimos que se realizase o estudo e obras precisas para a construción dun gran aparcadoiro na Ronda das Fontiñas

En xaneiro de 2023 solicitamos que se realice un estudo pormenorizado das distintas alternativas para paliar o problema da escaseza de prazas de aparcamento que está a sufrir a cidade de Lugo en barrios como casco histórico, Milagrosa, Fontiñas, Augas Férreas, Residencia…”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario