O persoal público temporal en fraude protesta no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

por 21 Noticias

Onte, o persoal público temporal galego convocado pola CNT protestou ás portas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en A Coruña para reclamar a fixeza dos seus postos de traballo.

Segundo explica a CNT son miles as persoas en fraude na contratación e abuso de temporalidade que traballan actualmente na administración pública galega. Especialmente preocupante é o caso da Xunta de Galicia con persoal temporal moi maioritario nos servizos do Consorcio galego de Igualdade e Benestar, nos bombeiros forestais, no persoal informático ou na propia administración xeral.

Desde a CNT denúnciase tamén que existen traballadores e traballadoras temporais en fraude e abuso no resto das administracións públicas galegas tanto estatais como locais.

O persoal público temporal protesta unha vez máis pola súa situación indefinida de abuso e reclama que as Administracións públicas cumpran xa coas disposicións do Tribunal Europeo de Xustiza. Recláman a conversión do seus contratos temporais a fixos segundo a doutrina europea, e a paralización inmediata dos procesos de estabilización que provocarán moitos despedimentos e empeoramento das condicións laborais.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario