O PP de Lugo acusa de oscurantismo ao goberno local por non facilitar documentación dunha factura de 1.5M€ de Urbaser

por Redacción Lugo

Mar Carballas recrimina que socialistas e nacionalistas “leven 7 meses sen publicar os contratos menores que asinan de forma recurrente incumprindo a Lei de Transparencia” e urxe a que “actualicen o portal municipal”

  • A edil popular reflexionaba “impedir o acceso á información é unha práctica pouco democrática e ética xa que o deber do goberno é rendir contas á cidadanía e evitar situación que debiliten a confianza na institución”
  • O PP denuncia que o bipartito de Lugo incumpre a Lei da Transparencia xa que “leva dende setembro de 2023 sen publicar os contratos menores na páxina web do portal de transparencia do Concello de Lugo”
  • A concelleira popular Mar Carballas explicaba que os últimos documentos que aparecen corresponden ao mes de setembro cando teñen a obriga de colgar os contratos menores trimestralmente.
  • “Ao concello de Lugoainda ten moito camiño que percorrer para adaptar a Lei da transparencia as súas rutinas” engadindo que “é outra asignatura máis que ten pendente o bipartito xa que de forma recurrente incumpren a lei por non actualizar estes documentos en tempo e forma”
  • En setembro o PP presentou un rogo para que se correxise esta situación cuxa obrigatoriedade se recolle na Lei 19/2013 do nove de decembro sobre acceso a información pública e o bo goberno e a que hoxe e Paula Alvarellos dixo que “próximamente teríamos esa información colgada no portal de transparencia municipal”.

TRABAS ACCESO DOCUMENTACIÓN

  • No Grupo Popular poderían enumerar varios exemplos de oscurantismo a conta do acceso aos diferentes expedientes o último a factura de 1.5 € a Urbaser por servizos prestados en 2022.
  • Primeiro incorporan, 15 minutos antes da celebración da comisión de contas, que se celebra o pasado 19 de abril, e por vía de urxencia este asunto. Como o expediente non estaba completo o día 22 reclamamos por rexistro o expediente completo que incluía o informe de medioambiente e tamén se  solicitan  todas as facturas emitidas por Urbaser mentres foi a adxudicataria do servizo de limpeza.
  • O día 24 reiteramos que completen os documentos que faltan entre outros a, data de hoxe, non tivemos acceso a propia factura detallada de 1.5M€. Seguimos esperando.
  • Mentres socialistas e nacionalistas poñen trabas ao acceso da información a alcaldesa sorprende no pleno cunhas declaracións insólitas dicindo que “ela entrou e atopou esta factura” reflexionando “
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario