No día internacional dos traballadores o Grupo Municipal felicita a todos os empregados municipais que se esforzan a diario para prestar unha atención eficaz á cidadanía malia a desorganización e a falta de planificación por parte de socialistas e nacionalistas
Hai un clima de tensión porque se obrigan aos traballadores a acudir aos tribunais para defender os seus postos de traballo e son varias as sentenzas en contra como por exemplo a da xefa de servizo de arquitectura; a dun traballador que se encadenou para cobrar horas extras ou outras que afectan a persoal da área de deportes.
Un caso sangrante foi o da propia da xefa de persoal que o goberno local terá que readmitir lembrando que foi Alvarellos a que a cesou no seu día, cuestionando a súa profesionalidae e asegurando que non cumpría as súas funcións.
Os populares tamén pregúntanse “como vai a funcionar o concello de Lugo cando en servizos fundamentais non hai xefes de servizo ou están cubertas as prazas de forma interina (persoal, medio ambiente, contratación, licenzas, arquitectura, bombeiros, … etc)”.
Dende o Grupo Popular insisten en que ao PSOE de Lugo caeulle o “O” de obreiro poñendo difenes exemplos da súa falta de talante que provoca situacións sorprendentes como a unión dos sindicatos que, o 11 de abril, alzaron a súa voz contra a xestión do goberno local denunciando que non lles pagan máis dun millón de euros en concepto de horas extras, axudas ou produtividade”.
Dende o PP preguntamos como van solucionar esta débeda para evitar as mobilizacións do persoasl xa que pasou case un mes da súa protesta pública e seguen sen resposta do goberno local.
Hipocresía política
“Vémolos tralas pancartas reclamando protexer os dereitos laborais pero non arranxan cuestións que teñen na súa man” criticando “o silencio cómplice do BNG que consinte que se ninguneen os dereitos dos traballadores como, por exemplo, o caso do encargado de augas que se encadeou para reclamar pagos pendentes”.
No que levamos de mandato só conseguimos que se sumasen a unha iniciativa para negociar un convenio colectivo propio para o persoal que realiza a limpeza dos edificios municipais.
Os populares marcan como reto “facer unha Relación de Postos de Traballo que sexa realista e se adapte ás necesidades do concello xa que a que hai non cubre as necesidades dos servizos”.
A defensa que fan os socialistas dos servizos públicos non coincide coas súas accións, cun BNG que permanece mudo, vemos como desmantelan servizos municipais e seguen coas privatizacións de servizos esenciais como o SAF (33,9M€); Xantar no Fogar (500.000 €) a reparación de fugas de auga as noites e festivos (100.000 €).
Con respecto as condicións laborais dos traballadores, que é outro aspecto que se reinvidica neste día internacional do traballador, insisten no informe de riscos laboraiss que acredita que as dependencias onde están os traballadores do Grupo Municipal do PP non reúnen as condicións mínimas de seguridad e saúde.
Hai que lembrar que a alcaldesa, foi durante catro anos a responsable da área de persoal, polo que piden que reflexione e teña unha actitude dialogante e traballe para conseguir un futuro laboral máis xusto e equitativo para os traballadores municipais.