O PP Lugo considera unha provocación que Alvarellos ocupe con persoal do PSOE un espazo que solicitou para mellorar as condicións de traballo  da súa agrupación

por Redacción Lugo

O vicevoceiro popular Enrique Rozas considera «decepcionante» ver como o PSOE ignora as necesidades básicas do Grupo Popular incluso despois de que se presentase unha solicitude formal para mellorar as condicións de traballo

·        Os populares lembran que hai un informe do servizo de riscos laborais no que, tras inspeccionar as dependencias asignadas para os 3 traballadores e os 12 edis do PP, se indica que «se obtiveron valores fóra do rango establecido legalmente pola superficie libre por traballador»

·        É unha falta de respeto que despois de solicitar formalmente, o pasado 5 de abril o local contigüo da Casa do Concello onde antes estaban as oficinas do Edusi para gañar espazo, a resposta do goberno local sexa asignar este local para os seus.

·        O popular tamén lembra como tampouco contestaron á petición feita o 8 de setembro solicitando material básico de oficina para a agrupación local.

·        Para Rozas é unha hipocresía política que o PSOE participe en manifestacións e se coloque tralas pancartas  pedindo trato digno aos traballadores cando, en cuestións da súa competencia, permiten que traballadores estean en locais mal climatizados, coa pintura caendo das paredes e con espazos mínimos para desenvolver o seu traballo diario».

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario