A Xunta apoia o Campionato de España de Taekwondo que congregará en Monforte a 373 deportistas o sábado

por Redacción Deportes

A Xunta colabora co campionato de España de Taekwondo, que se celebrará por primeira vez en Monforte de Lemos o próximo sábado, 4 de maio. O xefe do servizo de Deporte, Manuel Otero, reuniuse con José María Vega, director deportivo do club Neka, para abordar os detalles do evento.

Está previsto que participen 373 deportistas pertencentes a seleccións autonómicas de todo o país. Da selección galega concorren 61 participantes, 11 deles do club monfortino. As competicións desenvolveranse no pavillón do IES A Pinguela. O torneo dispútase nas modalidades de técnica e estilo libre.

Tanto desde a Xunta como desde a organización puxeron en valor o feito de que Monforte acolla un campionato deste nivel, clasificatorio para formar parte da selección española no mundial de Honk Kong, que se disputará no mes de decembro.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario