O Cabana S.D. réndelle unha sentida homenaxe de despedida nas súas redes sociais a Juan Lado Rey

por Óscar de Souto

Consternados e sen palabras. Ás veces cóstanos tanto expresar a enorme tristeza que nos invade nestes momentos na familia do Cabana SD, que é difícil encontrar as palabras axeitadas para describilo…
Hoxe deixábanos tristemente nun accidente laboral o pai do noso xogador do equipo Cadete, Bryan Lado. Gran persoa, apreciado e moi querido por todos, acompañaba sempre ao equipo alá onde xogase e ahora deixa un gran baleiro en todos nós.
Desde todos os que formamos a familia cabanesa quere expresar o noso mais profundo pesar e mandarlle a Bryan e a súa familia todo o noso cariño e apoio nestes momentos tan difíciles.

«Juan botarémoste moito de menos nas Redondas, pero o teu recordo sempre seguirá con nós!»
D.E.P. (Cabana S.D.)

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario