Ameijide: “Tomé emprega a Deputación como “arma” na guerra contra Besteiro ao criticar unha venda pública que o secretario xeral do PSdeG apoiou co seu voto a favor”

por Redacción Lugo

Antonio Ameijide esixe a Tomé que “afaste” as institucións das guerras internas do PSOE: “se está molesto porque Besteiro non o tivo en contra na nova executiva autonómica dos socialistas galegos que o fale con el, pero que non embarre a Deputación de Lugo e menos que lance falsas acusacións contra expresidentes do PP xa falecidos”

“Non ten xustificación que teña que recorrer a un expediente da Deputación de hai 17 anos, avalado polo propio PSOE, e usar a Deputación de Lugo para cargar publicamente contra o secretario xeral do PSdeG”.

O popular explica que na acta de Suplusa do 7 de outubro de 2005 Besteiro, polo tanto o PSOE, votou a favor da ‘Enajenación de la propiedad de la que es titular dominical esta sociedad y su correspondiente aprovechamiento urbanístico, sita en el polígono C, del Plan General de Ordenación Municipal de Lugo’.

Ameijide tamén confirma que no BOP de Lugo do 3 de xaneiro de 2007 publicouse o ‘Concurso público para a venta dos terreos e o aproveitamento urbanístico do polígono 1 do subsector B do sector de solo urbanizable Este C de Paradai’: “As mentiras de Tomé teñen as patas moi curtas, xa que se certifica coa acta de Suplusa e coa publicación no BOP que non había ningún presidente en funcións e que Besteiro e o PSOE non so estaban ao tanto de todo, senón que votaron a favor e apoiaron ese proceso público de venda”.

O voceiro afirma que “queremos ser moi rigorosos polo que estamos analizando toda a documentación coa máxima pulcritude” pero o que queda claro é que “non houbo ningún pelotazo urbanístico xa que a venda se fixo a través dun concurso público que se aprobou no consello de Suplusa por unanimidade o 7 de outubro de 2005”: “De feito non entendemos que pelotazo ve Tomé xa que non se puxo nin un ladrillo”.

Ameijide reitera a Tomé que “deixe as institucións a un lado nas súas guerras persoais”: “A Deputación está para traballar en favor de todos os lucenses, non para que sexa arma e escudo no seu afán de ter un maior protagonismo dentro do PSOE a nivel autonómico”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario