Maite Ferreiro destaca que “Lugo sexa o sexto destino máis buscado en Booking.com”

por Redacción Lugo

«Desde Lugo traballamos por un turismo de calidade que garanta a convicencia entre a veciñanza e as persoas que nos visiten», explicou a edil de Cultura

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu a un grupo de estudantes do grao de Turismo da Universidade de León. A concelleira Maite Ferreiro explicou o traballo realizado nos últimos anos polo Goberno de Lugo en materia turística «posicionando a Lugo como un destino estratéxico á hora de visitar Galiza».

Ferreiro afirmou que «ano a ano vemos como a acción da área de Turismo continúa a mellorar os datos de visitantes», e engadiu «a plataforma booking.com sitúa a Lugo no sexto posto dos destinos máis buscados do 2024, unha lista que lidera a cidade de Pontevedra». Para a edil de Cultura, «isto demostra que Lugo está xa no mapa dos destinos turísticos de calidade, tócanos seguir traballando para consolidar este posto e seguir mellorando para ser un referente a nivel estatal e internacional».

Maite Ferreiro destacou que «o aumento de persoas que se achegan á cidade é froito da campaña Lugo Km 100, que está posicionando o noso concello como un referente do turismo de calidade e proximidade, poñendo en valor o patrimonio histórico e a ampla programación cultural coa que contamos», e afirmou que «Lugo é o mellor destino para fuxir das masificacións e desfrutar dunha gran cantidade de patrimonio cunha programación cultural ampla e diversa».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario