Ecoloxistas en Accións censura a desinformación, negacionismo ambiental e ameazas da empresa da mina da Penouta

por Redacción Galicia

Ecoloxistas en Acción rexeita os argumentos da empresa concesionaria da mina da Penouta, propiedade de IberAmerican Resources, que vén de negar a súa responsabilidade sobre a elevada contaminación con metais pesados existente en regos e traídas de auga da contorna. «O negacionismo ambiental das empresas mineiras é, por desgraza, unha práctica sistemática!», explican desde Ecoloxistas en Acción, lembrando os casos de San Finx, Varilongo ou Touro, nos que se acabou por dar a razón ás organizacións ecoloxistas iniciado expedientes sancionadores e, no caso das minas de Lousame e Santa Comba, mesmo anulando as concesións.

Lembra ademais que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia xa acordou o pasado mes de outubro paralizar a actividade da mina da Penouta polas evidencias de impactos sobre a Rede Natura 2000 así como sobre os riscos para a saúde da poboación, confirmando mediante auto posterior a necesidade da paralización rexeitando os argumentos da empresa e da Xunta de Galicia. As analíticas realizadas por Ecoloxistas en Acción só confirman unha situación que xa era sobradamente coñecida polas administracións.

A organización considera absurdas as explicacións da empresa mineira, que alegou que o tubo polo que saen as verteduras está a 500 metros do seu peche, pretendendo ignora que precisamente drena as labores mineiras en explotación. Para Ecoloxistas en Acción, «é unha burla que a mina afirme que a presenza de niveis de cadmio 112 veces por riba do máximo permitido e niveis de arsénico 30 veces superiores, a poucos metros augas abaixo da explotación, non ten relación algunha con esta».

Desminte ademais que as análises que a organización ecoloxista remitiu á Fiscalía de Ourense non fosen realizadas por un laboratorio certificado. Como se acredita na denuncia, as análises sí foron realizadas por unha entidade colaboradora da administración hidráulica, e a empresa terá acceso ás mesma tan pronto sexan incoadas dilixencias penais e deba comparecer como imputada polos feitos denunciados.

Por outro lado, Ecoloxistas en Acción censura as novas ameazas da empresa de iniciar accións legais contra a organización, logo de que xa o pasado 30 de outubro o presidente da Cámara Oficial Mineira e directivo da mina da Penouta manifestase publicamente en Viana do Bolo a súa intencións de «corrixir estas motivacións que teñen algúns de prohibir ou de poñer pedras a este tipo de proxectos», en referencia a Ecoloxistas en Acción. Pola contra, Ecoloxistas en Acción reafírmase de continuar denunciando as ilegalidades ambientais da minaría e advirte que as amezas e accións legais das empresas mineiras só poñen en evidencia a súa vontade de silenciar e coartar en vez de poñer solución aos problemas ecolóxicos que veñen causando.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario