Estase celebrando no pavillón do IES Agra de Leborís unha nova edición da Festa Homenaxe aos nosos maiores, o evento que o Concello da Laracha organiza cada ano nestas datas.
O evento comezou cunha misa oficiada polos párrocos D. Manuel Boullón, D. Manuel Mallo e D. Jacinto Collazo.
A continuación serviuse o xantar e a xornada rematará cun baile amenizado polo Grupo Puzzle.
O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Rocío López agasallaron en nome da Corporación municipal á muller e ao home de maior idade de entre as 650 persoas presentes na Festa Homenaxe, que son:
Julio Añón Pereiro, de Centulle (Lestón). 96 anos.
Preciosa Gacio Rebón, do Convento (Soandres). 88 anos.