Ecoloxistas en Acción denuncia que a cidade deportiva do Celta está vertendo fecais sobre os mananciais das traídas de auga de Mos

por Redacción Galicia

Tras o aviso dun vecio da zona, membros de Ecoloxistas en Acción inspeccionaron o perimetro nordeste que limita co monte de Tameiga, atopándose cunha tubería de gran diametro que sae soterrada da cidade deportiva, a altura da cuba de refugallos, e verte a uns metros ladeira abaixo, coa boca da tubaxe ben agochada entre arbustos. 

A zona de vertido desta tubería é xusto na ladeira do monte de Tameiga onde a poucos metros se atopan varios pozos de extracción das traídas de auga veciñais de Mos, que abastecen a gran parte dos fogares das varias parroquias de Tameiga, Petelos e Sanguiñeda.

Ante a alarma xerada por este verídico, ecoloxistas en Acción solicitou a un labarotario autorizado polo ministerio a recollida de mostras e posterior análese. Os resultados do laboratorio reflicten que o vertido da cidade deportiva do Celta contén unha concentración de 3600 ufc/100 ml de Coliformes totales cando o máximo permitido é 100, contén 1700 ufc/100 ml de Enterococos e tamén de Estreptococos cando o máximo permitido é 100, e tamén superan a concentración de coliformes fecais e  Escherichia coli en varias magnitudes el máximo permitido.

Ecoloxistas en Acción ven de denunciar ante a Confederación Hidrográfica Miño – Sil o que a todas luces semella un vertido de fecais ilegal que está poñendo en perigo á saude das familias que se abastecen de auga dos pozos que se atopan ladeira abaixo do vertido. Tamén puxeron en coñecemento da situación á plataforma A auga é vida que agrupa ás traídas afectadas e á propia Comunidade de Montes de Tameiga. 

«O Celta coñece de sobra a existencia dos mananciais e captacións de auga das traídas nesta zona e aínda así está facendo un vertido continuado con alta carga de fecais que é unha ameaza para a saúde pública da veciñanza de varias parroquias de Mos. Isto é un delito ambiental, pero tamén un atentado contra a saúde pública que levaremos ante a xustiza«, declara Elena Álvarez Antelo, enxeñeira forestal e voceira de Ecoloxistas en Acción.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario