A Marea de Noia insta a Santiago Freire a informar á cidadanía sobre o uso e consumo da auga municipal

por Redacción A Coruña

Manolo Seijas vén de reclamar a Santiago Freire que emita unhas directrices sobre o consumo da auga potable logo de que o Concello de Noia emitise unha comunicación pedindo «cautela» á cidadanía sobre o uso e consumo da auga

Seijas apunta que «parece incrible que se pida cautela e que 15 horas despois non coñezamos se se pode consumir ou non»

Seijas comenta que recibiu chamadas de centros comunitarios, hostalería, perruquerías e demais sectores implicados que chamaron ao Concello de Noia e que non tiveron unha resposta sobre o uso e que mostran moita preocupación sobre esta situación. Esta situación evidencia un desgoberno e unha falta de capacidade de solución nos problemas.

Seijas indicou que logo de consultalo co SERGAS, este indicou que debe ser o Concello de Noia quén informe á cidadanía sobre o consumo da auga, xa que no Servizo Sanitario » non tiñan constancia»

A Marea recorda que no Pleno pasado se aprobou unha proposta para mellorar o plan de autoprotección e a vixianza dos ríos. Critican que o executivo de Santiago Freire non convocase a xuntanza aínda.

Etiquetas , ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario