O próximo venres, día 17 de maio nace un novo medio de comunicación no panorama autonómico. No Día das Letras Galegas e en galego! Futbolingalicia chega para ser a referencia do fútbol afeccionado e feminino no xornalismo dixital.
Seguindo a esencia do xa contrastado Futbolinlugo, www.futbolingalicia.es albergará un mínimo dun contido exclusivo e de calidade diario. Entrevistas, reportaxes e noticias de interese sobre o fútbol feminino e as categorías masculinas desde a Segunda RFEF á Primeira Galicia.
Para iso contamos co mellor equipo posible, un grupo de cinco xornalistas con tanta fame como experiencia a pesar da súa curta idade: Carlos Julio González, Carla Vizoso, Ángel Martínez, Marcos Fernández e Santi Real.
Vémonos o día 17 ás 00.00 horas en www.futbolingalicia.es