O PP Lugo pide a Alvarellos que se desculpe e asuma responsabilidades políticas pola caza de bruxas que levou a cabo en postos estratéxicos

por Redacción Lugo

Tras coñecerse que mañá “por obriga legal, a xunta de goberno local validará, executar dúas sentenzas que acreditan que o PSOE, coa complicidade do BNG, fixo informes a medida e interpretacións arbitrarias para apartar a xefa de persoal e para excluír do procedemento a unha candidata á praza da xefatura de arquitectura

  • Mar Carballas: “Calquera alcalde con 2 sentencias demoledoras na súa contra como estas, o primeiro que faría é: no plano político dimitir, e no plano  persoal pedir perdón.
  • A popular ironizaba que a alcaldesa de Lugo non pode alegar descoñecemento da lei xa que é xurista insistindo en que “este tipo de actuacións evidencian que estamos gobernados por malas persoas e por pésimos xestores”
  • Os populares insisten en que é a xustiza a que obriga ao goberno local a incorporar á xefa de persoal que a alcaldesa apartou do seu posto froito dunha decisión política e, tamén, a retrotraer o proceso para contratar á xefa de arquitectura e por tanto recoñecerlle o dereito que tiña a optar a ese posto de traballo
  • “Cabería esperar que a dilixencia que tivo a  Paula Alvarellos, cando era responsable de persoal, para reunirse coa prensa e verter valoracións subxectivas e datos parciais que non se acompañaban de expedientes completos; a tivese agora para excusarse públicamente coas persoas afectadas”
  • “Aquí non se trata de recoñer que houbo un erro, a xustiza é clara e alguén terá que asumir as responsabilidades que lle correspondan” concluía a popular
  • Mar Carballas explicou que en materia de persoal o Concello de Lugo suspende rotundamente “intenta facer unha garda pretoriana de afíns, privatiza servizos que poderían prestar con persoal propio e non cubren as vacantes, de feito hai máis dun cento de postos cubertos de forma temporal “trátase das vacantes cubertas por  interinos e por persoal en adscripción provisional”
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario