Toño (S.D. Castriz) O home tranquilo. Por @DulceCorcu 

por Dulce Corcu

Non moi alonxado daquel Sean Thorton que tan ben interpretara Jonh Wayne na película de John Ford, a dun home tranquilo coa sabedoría da vida sinxela na procura dunha felicidade que poida compartir con quen teña arredor. Porque Toño se algo regala ademais da súa calidade deportiva, é a humana. Ese compañeirismo innato que fai del unha figura imprescindible en calquera vestiario, respectado porque o gaña no campo e fóra del, man tendida sempre no bo pero sobre todo na adversidade. Solidario en causas que con el a bordo nunca son perdidas.

Na volta a ese fútbol da Costa do que o seu corazón nunca  desenganchara, vén de vivir un ano triunfal da man do Castriz de Miguel Chouza, o adestrador co fixo un tándem perfecto, e que soubo exprimir esa veteranía e liderazgo en beneficio do grupo.

Pero Toño tamén pode ser temible, padéceno todos aqueles que sofren a maestría que o caracteriza a balón parado. A súa aportación a esta tempada de éxito mídese en minutos, en todos cantos desputou ao longo de tantos meses vestindo a camiseta roxinegra, tan innumerables como ese afecto e admiración que alí, como en todas partes anteriormente, acaba conquistando. Toño é deses xogadores que deixan pegada nun club por moito máis que os goles e as asistencias…E quen o coñece, sábeo. 

Foto: JP. PARRI

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario