Visitas guiadas na ponte das Letras Galegas

por Redacción Galicia

Falta pouquiño para celebrar o día das nosas Letras Galegas. Ana, como boa amante da súa terra e da súa lingua, organiza unhas visitas especiais que terán lugar o 17 e 19 de maio. 

A primeira delas e coincidindo co venres festivo, será en Mondoñedo o día 17. Consistirá nun roteiro guiado polas rúas desta antiga capital de provincia ateigadas de historia, tradicións, lendas e persoeiros ilustres, como Álvaro Cunqueiro ou Leiras Pulpeiro. 

O domingo 19 será polo pobo mariñeiro de Rinlo en Ribadeo. Un paseo guiado polo litoral destacando o bo aproveitamento das bondades da súa costa a través das emblemáticas cetarias. 

Ámbalas rutas darán comezo ás 11 da mañá e terán unha duración de entre 2 e 3 horas. Están pensadas para tódolos públicos, incluindo as mascotas. 

Para máis información e reservas poden contactar no 654 99 68 57 ou a través das redes socias de Guía tu día. 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario