A rúa García Abad de Lugo restrinxirase ao tráfico a partir do luns

As restriccións son necesarias para executar o soterramento dunha liña de baixa tensión.

A área de Mobilidade e Infraestruturas informa que a partir do vindeiro luns, 27 de xaneiro, a rúa García
Abad será cortada ao tráfico rodado para facilitar os traballos de soterramento dunha liña de baixa tensión.

Os traballos, que teñen un prazo previsto de 10 días, afectarán tamén á avenida da Coruña, máis en ningún momento se interromperá a circulación de vehículos nesta vía ao poder habilitarse o lugar non ocupado para permitir a circulación dos dous sentidos.

Para habilitar o acceso de vehículos que circulan por Rúa García Abad cara a Avenida da Coruña, modificarase temporalmente o sentido da circulación, habilitándoa en sentido contrario ao habitual.

Comparte éste artículo
No hay comentarios