Raquel Plana (PP) descúlpase publicamente polo sucedido no pleno do Concello de Ponteareas

por Redacción Pontevedra
  • En primeiro lugar, quero pedir desculpas polas miñas desafortunadas verbas do pasado pleno extraordinario da corporación municipal. Pido perdón, de corazón, porque a pesar de que a tensión do momento e os ataques reiterados cara a miña persoa levan tempo sendo reiterados e deleznables, non son xustificativos das palabras ditas.
  • Todo o mundo que me coñece sabe perfectamente que ese nunca foi e nunca será o meu estilo, nin de facer política nin na miña faceta como unha veciña máis desta vila.
  • Tanto eu como os meus compañeiros de partido avogamos sempre polo diálogo, polo consenso e polo entendemento, algo que determinados grupos políticos, como os da oposición en Ponteareas, non saben ou non queren entender. Precisamente son eles os coñecidos por elevar o ton das súas declaracións e empregar fortes acusacións, coma neste caso infundadas, co único obxecto de danar a imaxe deste goberno, deste partido e dos que formamos parte.
  • Quero recalcar tamén que levo moito tempo sendo obxecto dunha campaña de mentiras, difamacións e desprestixio persoal e profesional por parte de distintos edís e grupos da oposición, que levan meses repetindo a falacia de que eu ou a miña familia temos intereses persoais na parcela do novo centro de saúde de Ponteareas, algo que é totalmente falso e que só busca atacar á miña persoa e facer dano á miña familia.
  • Digo alto e claro que estas graves acusacións son rotundamente falsas e lamentablemente os seus autores séntense impunes para seguir atacando, de maneira agresivamente despiadada, tanto a mín coma ao meu entorno. Creo que xa basta.
  • É certo que non reaccionei como debería no pasado pleno extraordinario, cando por enésima vez se me acusou dunha falsidade. Comprométome ante a cidadanía a intentar non volver caer neste tipo de provocacións, aínda que a inxustiza é máis que evidente.
  • Nun día coma hoxe é bo recordar que os delitos contra a honra son a inxuria e a calumnia, que consisten en expresións u opinións emitidas co fin de desacreditar a honorabilidade dunha persoa. Estes delitos están regulados no Título XI do Libro II do Código Penal, que abarca do artigo 205 ao 216
  • Do mesmo xeito, calumniar, acusar a alguén sen probas… e acosar constantemente a unha persoa …. é ademais de delito, unha situación insoportable para quen o sofre… de aí que nun deses momentos de tensión e despois de aguantar tanto puidese saírme do “politicamente correcto” … porque ante todo somos humanos.
  • Dito isto, nun exercicio de responsabilidade política e persoal, tendo a man aos grupos da oposición para que dunha vez por todas deixen de faltar á verdade, respecten á miña familia e rebaixen o ton de ataques e de crispación que levan mantendo coa miña persoa e con este tema dende hai tantos meses.
  • Hoxe dou este tema por zanxado porque máis alá da palabra empregada nun momento de tanta presión, o único obxectivo que ten esta oposición municipal é o de tentar desestabilizar a un goberno que en poucos meses está devolvendo a esta vila ao lugar que merece. Do mesmo xeito, o mandato da cidadanía é que nos centremos en arranxar os seus problemas e non en darlle máis importancia a un asunto que xa está resolto.
  • Do mesmo xeito e para rematar, convido a que o concelleiro do BNG e ao seu partido, acaten dunha vez por todas o resultado democrático das urnas, asuman o seu rol como oposición, moderen a súa actitude, deixen de atacar aos concelleiros do goberno e abandonen definitivamente esa clima de enorme tensión e crispación no que viven instalados e que empecen a aportar solucións en lugar de dinamitar a vida política deste municipio.
  • Do mesmo xeito que estou facendo eu, convido a Miguel Bouzó e aos seus compañeiros de partido que dunha vez por todas deixen de faltar á verdade, deixen de atacar á Sanidade Pública e aos seus representantes e que rectifiquen publicamente as acusacións que leva proferido contra a miña persoa e o meu partido.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario