Manifesto ecoloxista: «A ampliación da Rede Natura galega xa non pode agardar máis»

por Redacción Galicia

Hoxe, Día Europeo da Rede Natura 2000, aproveitamos para reivindicar a protección efectiva da natureza. Porque esta rede de espazos naturais protexidos, creados ao amparo das directivas de Hábitats e de Aves, é imprescindible para que a biodiversidade europea teña unha oportunidade de futuro.

Entidades ambientalistas e particulares en toda Europa reclamamos ás administracións que apliquen todas as medidas necesarias para garantir a neutralización de impactos e a restauración de hábitats naturais en todos os espazos protexidos da Rede Natura 2000, sexan Zonas Especiais de Conservación ou Zonas de Especial Protección para as Aves.

Ademais, as entidades asinantes pedimos que se amplíe a superficie de Rede Natura 2000 no territorio terrestre galego de maneira urxente, de forma que, como mínimo, se triplique a superficie protexida antes do ano 2030. Isto suporía pasar do ridículo 12% do territorio terrestre galego protexido actualmente -na cola do estado español- ata un 36% a seis anos vista, porcentaxe que xa permitiría asegurar a conectividade de hábitats e especies de conservación prioritaria.

Con todo, esta protección debería ir da man dun correcto manexo dos espazos, apoiada en plans de xestión e unha vixilancia efectiva destas áreas protexidas. As entidades asinantes esiximos tamén que se aumente o número de efectivos encomendados a labores de xestión, vixilancia e sanción dentro da Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos, e que se supervisen de xeito eficaz todas e cada unha das áreas protexidas todos os días do ano, incluíndo as situadas no mar.

Novas adhesións ata o 4 de xuño

Actualmente asinan e promovan este manifesto 30 entidades ecoloxistas e naturalistas de Galiza, mais o manifesto ficará aberto a novas adhesións de colectivos ata o vindeiro 4 de xuño, véspera do Día Mundial do Medio Ambiente. As novas adhesións pódense comunicar ata esa data no correo electrónico: damian.romay@gnhabitat.org 

Entidades adheridas

Asinan este MANIFESTO pola ampliación da Rede Natura 2000 en territorio galego e por unha xestión e vixilancia efectivas dos espazos naturais protexidos:

Grupo Naturalista Hábitat 

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)

Federación Ecoloxista Galega (FEG)

Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)

Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) 

Asociación de Naturalistas do Baixo Miño (ANABAM)

Amigas das Árbores Ourense 

Asociación Treze-Catorze 

Brexa Custodia do Territorio 

Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA)

Colectivo das Pedras Galladas 

Verdegaia 

Ecoloxistas en Acción 

Ecoloxistas Galiza «Atlántica e Verde» 

Ecologistas Galego-Transmontano 

Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES)

CSA Casa Colorida 

Asociación para a Defensa da Ría (APDR)

Asociación RaizameVivo 

Asociación Sociocultural Entropía 

Fragas do Ortegal 

Betula – Asociación para a custodia do Bosque Atlántico

Salvemos a Serra Martiñá 

Comunidade de Monte Veciñal do Xalo 

Sociedade Galega de Ornitoloxía 

Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT)

Comunidade de Montes Veciñais de Coruxo 

Plataforma Turonio 

Amigas da Terra 

Asociación Ambiental Senda Nova 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario