ADEGA e o alumnado de Lalín plantan árbores autóctonas no Sobreiral do Arnego

por Redacción Galicia

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, no marco do Proxecto Fluviatilis, continúa coas actividades de xestión e control da flora exótica invasora co obxectivo de concienciar sobre os problemas ambientais que ameazan os ecosistemas fluviais e facilitar a participación cidadá na súa xestión, mediante accións que fomenten actitudes e comportamentos para a mellora dos ríos. 

Nesta ocasión, ADEGA realizará unha actividade divulgativa o vindeiro luns 27 de maio co alumnado do CEIP Xaquín Loriga de Lalín no Sobreiral do Arnego, espazo custodiado pola organización. A actividade consiste nun percorrido pola zona para divulgar os seus valores naturais e nunha posterior plantación de árbores autóctonas. 

As actividades, tanto de xestión e control das EEI como de educación, sensibilización e voluntariado ambiental, dirixidas a distintos públicos son unha das propostas do proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e a Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario