Accidente de tráfico no lugar de Ardaña, na parroquia de Rus do Concello de Carballo

por Óscar de Souto

Os bombeiros do Parque Comarcal de Carballo foron alertados sobre unha colisión entre dous vehículos no punto quilométrico 3,5 da estrada DP-1914 ao seu paso polo lugar de Ardaña na parroquia carballesa de Rus.

A inicidencia foi producida por un impacto frontolateral entre dous vehículos, no que unicamente viaxaban os condutores. Non houbo que lamentar vítimas e os ocupantes non precisaron ser liberados dos automóbiles.

Unha vez trasladado á ambulancia un dos implicados, os bombeiros procederon á limpeza da vía.

Completaron o operativo os corpos da Garda Civil de Carballo, Garda Civil de Tráfico da Coruña, 061 e voluntarios de Protección Civil de Carballo.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario