Arroxo asiste á inauguración da 1ª Feira de Educación, Formación e Emprego en Lugo

por Redacción Lugo

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, asistiu á inauguración da 1º Feira de Educación, Formación e Emprego, que se celebra hoxe e mañá nas instalacións do Pazo de Feiras e Congresos. A mostra reunirá a 15 centros de ensino de Lugo, e conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo para proporcionar información, asesoramento e orientación para que as e os estudantes que asistan poidan decidir sobre o seu futuro profesional.

A mostra está dirixida a estudantado, familias, profesionais do ensino, centros educativos, formadores, empresas do sector e público en xeral, e ten conta os intereses tanto da mocidade que está a piques de comezar os seus estudos superiores como a das e dos profesionais en situación de desemprego.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario