4 proposicións para:
Ampliar de forma progresiva o número de bombeiros. Neste momento, Lugo conta con 56 efectivos, unha cifra que está moi por debaixo dos 100 que recomendan as normativas europeas para poboacións de 100.000 habitantes.
Tamén é preciso dispor dunha estrutura de mando axeitada xa que, neste momento, faltan pezas claves do organigrama como, por exemplo, o Director Técnico que avalia o estado de edificios e estruturas afectadas en incendios e que tiña a cualificación necesaria.
Reclamar a unión dos parques do Miño e do Rato e instar aos gobernos do Concello e a Deputación a impulsar un PLAN INTEGRAL para mellorar o mantemento destas zonas verdes.
Lamentamos o falso ecoloxismo de PSOE e BNG, que descoidaron estes paseos que herdaron hai 25 anos en perfecto estado dun goberno do Partido Popular. Nin socialistas nin nacionalistas fixeron nin un só metro cadrado deste cinto periurbano.
Neste tempo tampoco foron quen de consolidar este itinerario verde perimetral como un reclamo identitario da cidade e de poñer en valor o Miño.
Elaborar unha ORDENANZA DE CONVIVENCIA que refunda nun único texto todas as condutas que xeneran queixas na cidade e que van dende problemas de convivencia veciñal, actuación de gorrillas pasando polas agresión contra o patrimonio, entre outras.
Esta petición está avalada por varias asociacións veciñais e dende o PP lembran que existía no ano 2017 un proxecto de ordenanza que se empezou a tramitar pero que por presións do BNG se gardou nun caixón.
Declarar a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia BEN DE INTERESE CULTURAL
Sendo conscientes de que a cultura é un motor para o emprego, propoñemos iniciar de xeito urxente a tramitación do recoñecemento de Ben de Interese Cultural (BIC) para a Ofrenda do Antigo Reino de Ga- licia, que suma un século de historia como un patrimonio inmaterial fundamental na nosa tradición.
4 ROGOS nos que solicitamos que o goberno local:
FAGA unha escoita activa real para buscar solución ao malestar que hai entre os usuarios dos BAILES DO CENTRO DA MILAGROSA logo de que se limite a entrada ao local. Pedimos que en vez de adoptar medidas unilaterais se teña en conta a opinión dos afectados.
AXILICE o suposto Plan de dinamización centro que a alcaldesa de Lugo vén de anunciar o pasado 15 de maio logo de que o Grupo Municipal plantexase compensacións económicas aos afectados polo retraso das obras de peonalización no casco histórico.
Ampliara xornada laboral das dúas EDUCADORAS SOCIAIS que prestan servizos en varios centros de convivencia. É preciso que se amplíe o horario laboral das traballadoras e que se axuste ao que se contempla na Relación de Postos de Traballo.
Estudar a colocación de pantallas ou elementos dixitais con información cultural en puntos estratéxicos da cidade.
4 PREGUNTAS PARA QUE PSOE E BNG:
Informen sobre se xa se actualizou o INVENTARIO DO PATRIMONIO MUNICIPAL xa que pasaron máis de dous anos dende que se contratou este servizo por un importe de 71.000 €. Este traballo que consistía en actualizar a documentación así como a posta en marcha dunha aplicación para a súa xestión.
Aclaren porque levan máis de 3 semanas as LUCES DO NOVO AUDITORIO DE MAGO acendidas do edificio. A veciñanza do barrio está indignada polo malgasto de recursos que pagamos todos os lucenses.
Expliquen se o goberno local deu algún paso para facilitar que se fagan VIVENDAS EN LOCAIS BALEIROS. En 2023 PSOE e BNG afirmaban que xa se estaban traballando neste asunto aproveitando as posibilidades que introduciu un decreto autonómico.
Xustifiquen porque ainda non se entregaron as ESCRITURAS vivendas A CROA.