O pleno de Culleredo aproba a proposta do BNG de presentar contencioso ante o decreto da pegada sonora do aeroporto

por Redacción A Coruña

O BNG conseguíu que o Concello de Culleredo presente recurso Contencioso-Administrativo como resposta á «pegada sonora» do aeroporto —Real Decreto 359/2024, de 2 de abril, por el que se aprueban las servidumbres aeronáuticas acústicas, el mapa de ruido y el plan de acción del aeropuerto de A Coruña—, tal e como propoñía na moción presentada a pleno, para defender os intereses da veciñanza.

O acordo tamén propón que ten que ser convocada a Comisión Especial do Aeroporto antes do remate do prazo de presentación do recurso Contencioso-Administrativo para dar conta aos seus integrantes do traballo feito e das súas conclusións. O prazo para o recurso remata o 20 de xuño de 2024 (dous meses desde a publicación) e a lexislación obriga a que as consecuencias reais do decreto se plasmen no Planeamento Urbanístico de Culleredo, polo que o concello debería ser o primeiro interesado en actuar.

O documento de afección sonora do aeroporto foi publicado no BOE o pasado 20 de abril e, a pesar de que o goberno municipal anunciou xuntanzas con afectados, polo de agora non hai novas nese sentido. O tempo apremia e urxe actuar para non deixar desamparadas ás persoas afectadas. Tampouco se aclara que se teñan respondido as alegacións, e non nos consta que foran contestadas.

A día de hoxe segue existindo unha gran confusión e notable descoñecemento arredor da afectación de ámbito urbanístico e das posibles consecuencias a nivel patrimonial. Os propietarios non saben como afectará o novo documento de afección sonora ao valor dos inmobles ou se serán posibles certas actuacións futuras. Por exemplo, falta coñecemento sobre a posibilidade de tramitar compensacións ou solicitar medidas de insonorización.

Foto. Vídeo de shurprofe

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario