Hoxe a concelleira de turismo e comercio, Cristina Acuña e o concelleiro, Manuel Santos, presentaron, xunto a Asociación Botón de Ancla, a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, avogando así pola hostalaría local un ano máis. Esta ruta, terá lugar dende o mércores 5 ata o domingo 9 de xuño na vila de Marín.
A ruta gastronómica, irá acompañada con múltiples actuacións musicais e pinchos de todo tipo cun prezo de 2 euros, os cales estarán disponibles nos bares participantes de 12.30 a 15.30 horas e 19.30 a 22.30 horas.
A entrega de premios cara o mellor pincho da hostalaría marinense, será xulgado polo profesorado do CIFP Carlos Oroza, Ana Area, Ricardo Fernandez e Anxo Soto. Repartiranse 4 premios en total, premiaránse aos tres mellores pinchos de Marín, e por outro lado os clientes tamén poderán votar o seu pincho favorito, onde o gañador tamén será premiado pola opinión pública, entre un total de 13 bares: Xeitosa, Royalty, Carballines, Kore 2, La Real, A Central, Cortijo, O Lar de Rosa, Naval, Casa Dora, K Nobbe-Polymnia, Bar Taxi, Souto 2.0 (antiguo bar Halley, en Seixo).
A programación para estes días comezará o mercores, 5 de xuño, coa inauguración da ruta que terá lugar ás 19.30 horas, para todos aqueles que queiran probar os pinchos da hostalaría local.
O sábado 8, poderase gozar non só dos pinchos, senón tamén dunha beirarrúa que terá lugar ás 11.30 horas da man do Grupo de Gaitas Carballido. Tempo despois, ás 13.30 horas, haberá unha sesión de vermout acompañada polo cantante, Luis Moreta, o cal terá un segundo pase, ás 19.30 da tarde, no palco da Alameda de Marín.
O domingo 9, terá lugar no palco da Alameda de Marín, ás 12.00 horas, unha beirarrúa da charanga Os Jalacticos e posteriormente, ás 19.30 horas, poderase disfrutar do grupo musical Azabache. Cara ás 21.00 horas realizarase a entrega de premios aos locais gañadores e para finalizar con esta edición, ás 21.30 horas, terá lugar o segundo pase do grupo musical Azabache.
Con esta ruta, búscase dar a conocer os bares e comercios de Marín, ademais de axudar ao comercio local e a hostalaría de Marín.