A presidenta provincial e portavoz do Grupo Municipal Popular, Elena Candia, trasladou esta mañá dende aos veciños e veciñas que se achegaron á carpa situada na Praza Maior de Lugo a vontade de «seguir traballando con humildade e determinación por e para todos os lucenses, tamén dende Europa».
A popular dixo que «o Partido Popular é o partido que máis se parece aos galegos e galegas, o que defende o sector primario, o do mar, aos mozos e aos maiores, o acceso a vivenda e ao emprego, a igualdade de oportunidades, o desenvolvemento industrial responsable… E o vindeiro 9 de xuño queremos ser a túa resposta nas urnas».
Elena Candia traslada aos lucenses a «vontade de seguir traballando con humildade e determinación tamén dende Europa»
Escribe tu comentario
Escribe tu comentario