O PP lamenta que “as reinvidicacións dos traballadores municipais de Lugo leven anos sen resolver e sen un calendario de prazos”

por Redacción Lugo

Os populares mantiveron hoxe un encontro coa Xunta de Persoal  para coñecer de primeira man as súas necesidades

Mar Carballas destacou “a importancia dunha xestión eficaz dos recursos humanos na administración máis próxima ao cidadán” xa que “senón se cubren as vacantes, non funcionan os servizos, e iso repercute na atención final ao cidadán”.

Resulta indignante  “que presuman de impulsar as ofertas de emprego público dos anos 2021 -2022  cando, no primeiro caso, está a punto de  caducar e, no segundo, acumula máis dun ano de retraso (1).

Na mesa de traballo explicaron que as súas son “peticións xa históricas,  as mesmas que nos trasladaron na reunión celebrada o pasado mes de febreiro” lamentando o desinterese dos sucesivos gobernos socialistas nesta cuestión o que certifica que “para a alcaldesa e o seu socio nacionalista a xestión dos recursos humanos é unha asignatura esquecida”.

“A alcaldesa leva nove anos mirando para outro lado, restándolle importancia á xestión do persoal” engadindo que “botamos en falla un maior compromiso deste goberno á hora de axilizar a cobertura de vacantes”.

Entre as propostas que fixeron os representantes dos traballadores están “a aprobación dun regulamento do horario; carreira profisional;  a posta en marcha de medidas para a conciliación en todos os departamentos, regular o teletraballo, e modificar regulamento de produtividade.

(1) As Ofertas Públicas de Emprego (OPE) deben aprobarse no prazo dun mes desde que se aproba o presuposto.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario