O BNG de Monterroso compartiu coa veciñanza ás propostas que a través de Ana Miranda defenderá en Europa

por Redacción Lugo

A deputada do BNG no Parlamento Galego, Montse Valcárcel, acompañada por militantes do BNG de Monterroso participou nun reparto informativo na feira de Monterroso. Montse Valcárcel informou á veciñanza da importancia de que Galiza, a través de Ana Miranda, teña voz en Europa.

Montse Valcárcel pediu o apoio á candidatura do BNG nas eleccións europeas para «que Galiza teña un escano de País en Bruxelas» pola importancia de que Galiza conte con unha «voz propia» para defender os intereses galegos nas institucións europeas. «A papeleta do BNG é a papeleta de todos e todas as galegas» afirmou a deputada nacionalista.

«Non podemos deixar que os Fondos Next Generation sirvan para destruir o patrimonio, os recursos, os sectores produtivos e a natureza como pasa co proxecto de Altri» concluíu Valcárcel

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario