Elena Candia critica a «indiferenza» do PSOE e BNG ante a calor insoportable no colexio Gregorio Sanz

A voceira do GMPP Elena Candia, durante a súa intervención ante os medios, pediu unha maior implicación do PSOE e do BNG ante a situación da escola infantil Gregorio Sanz, que esta mesma mañá, ás 8:30 horas, rexistraba xa 30 graos no seu interior.

Candia lamentou a deixadez dun executivo que leva 9 anos coñecendo este problema sen priorizalo. “É incomprensible que socialistas e nacionalistas insistan en facer política de oposición cando teñen a responsabilidade directa de xestionar e solucionar esta situación”, apuntou.
A voceira do Grupo Municipal do PP, Elena Candia, presentou hoxe as iniciativas que defenderá no pleno da corporación (adxúntase resumo).

Comparte éste artículo
No hay comentarios